sábado, 18 de julio de 2015

Imagen: Gustavo Marshall




Conexión


Os nosos corpos non se rozan.
Non paseamos da man pola rúa.
Non nos agasallamos unha aperta ao dobrar calquera esquina e atoparnos.
Tampouco nos asaltamos a pel cando un dos dous entra pola porta da casa que non compartimos.
Nin nos bebemos xuntos o café da mañá, sentados nas cadeiras dunha cociña que non existe.
Nin sequera xogamos a enlazar os nosos embigos baixo as sabas dunha cama que nunca desfixemos.
Si, os nosos corpos non se rozan.
Pero hai que ver o enleadas que temos as nosas almas. Así, na distancia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario