viernes, 7 de agosto de 2015









Sorriso




“Perdiches o sorriso”, dicíanlle.
O que case ninguén sabía é que os sorrisos non se perden, tan só descolócanse, e o dela estaba desprazado, perdido no mapa do seu corpo, xusto no sutil recuncho onde remataba o seu lombo, onde ninguén podía velo. Nin sequera ela. 
Pero el si puido: atopouno mentres paseaba pola súa pel; e tróuxoo de novo, escorregándoo cos seus labios, recorrendo o camiño de volta, subindo polo seu lombo; acompañándoo coa lingua e fixándoo ao devolvelo ao seu sitio, para que non volvera descolocarse, cun mar de bicos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario